S. XVII

No século XVII asístese ao declive político do Imperio Español, cos Austrias Menores comeza unha decadencia, evidente tras a súa derrota na Guerra dos Trinta Anos, que facilitará o predominio social, económico e político doutros territorios como Holanda e Francia fundamentalmente. O século XVII viviu un constante retroceso económico que afectou a todos os ámbitos e se viu empeorada polo gasto excesivo e sen límites dos ricos. Isto tivo numerosas consecuencias tales como o descenso da poboación ou o descontento xeral. En cambio, favoreceu ao desenvolvemento do comercio internacional, mediante o cal se buscarían recursos e materiais fora das fronteiras do país, dando lugar ao mercantilismo.
Polo que se refire á moda, aínda segue a ser importante a influencia española, co predominio das cores escuras, pero irá perdéndoa a medida que o Imperio vaia entrando en decadencia, substituído por Francia. Porén, España e os españois aínda que acolleron algunha influencia francesa, seguirán aferrados ao seu estilo propio que seguirá en vigor ata o reinado de Carlos II a fins do XVII. Na vestimenta masculina as innovacións viñeron sobre todo pola imposición dos calzóns e mangas cada vez máis estreitos, e da golilla, esta última, tipicamente española, obrigaba a levar a cabeza moi tesa e levantada. En Europa identificouse coa altivez dos españois.

Polo que se refire á indumentaria feminina, durante os reinados de Felipe IV e Carlos II, non seguí a corrente europea. Seguiuse usando o verdugado, e a partir dos anos trinta imponse o gardainfante por influencia francesa, cando no país veciño xa pasara de moda.
Tamén destaca neste século a moda de Holanda. Este territorio cunha importante burguesía, convertérase no centro comercial máis importante da Europa do Norte. A súa rica burguesía, maioritariamente calvinista ou puritana, vestirá de negro como un rexeitamento ao despilfarro asociado ao catolicismo, será a cor de homes e mulleres, ricos e pobres, novos e anciáns, signo de respetabilidade e laboriosidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTRODUCIÓN