Grecia
Na Antigüidade, no Mediterráneo, desenvolveuse na Hélade unha cultura, que estaba formada por un conglomerado de cidades-estado independentes, porén contaban cunha mesma cultura, lingua, panteón e costumes(como as festividades relixiosas), elementos que constituían os únicos lazos de unión.
A sociedade dividíase en dous grupos sociais: homes libres e escravos. Non obstante, ao ser cidades-estado independentes, a sociedade non era igual en Atenas ou Esparta. A sociedade ateniense dividíase en homes libres, escravos e metecos, sen embargo, en Esparta, a organización da sociedade baseábase en tres grupos: os iguais, os periecos e os ilotas.
Nesta sociedade estratificada a vestimenta viña determinada polo grupo social ao que se pertencera e veuse influenciada polo estilo do Oriente Medio até o século V a.C. Era moi sinxela e moi similar tanto para homes como para mulleres. Os acontecementos bélicos de principios do século V a.C. (Guerras Médicas) provocaron o rexeitamento de todas as influencias orientais. A partir deste século, e relacionado coa evolución das mentalidades, comezáronse a ver cambios na vestimenta(sobre todo na das mulleres). Destacaba tamén a verdadeira paixón dos homes e das mulleres polas telas finas e, a maioría destas, eran lisas e tiñan bordados.
Comentarios
Publicar un comentario