Roma

Roma foi unha cidade fundada no ano 753 a.C. á beira do río Tíber na Península Itálica. Durante todo o período da súa existencia podemos establecer tres etapas de goberno da cidade: a Monarquía, que se estende dende o 753 a.C. (data na que se funda a cidade) ata o 509 a.C.; a República do 509 a.C. ao 27 a.C.; e o Imperio, dende 27a.C. ata o 476 d.C., ano da caída do Imperio romano de occidente e, polo tanto, fin deste. En Roma encontramos unha división social entre persoas libres e escravas polas grandes tensións sociais sufridas entre estes grupos, isto viuse reflectido na vestimenta.

Tanto os patricios como a plebe eran persoas libres pero con moitas diferenzas na vida na sociedade. Os patricios eran considerados cidadáns de pleno dereito, polo que posuían todos os privilexios. Eran descendentes dos fundadores de Roma e propietarios das terras e deste grupo, saíron a gran maioría dos xenerais e maxistrados; pola contra, a plebe, que estaba formada pola gran maioría da poboación, incluídos os estranxeiros foron adquirindo, pouco a pouco, riquezas e dereitos. Os escravos non eran considerados persoas nin tiñan dereitos, podían ser comprados, vendidos e os seus amos podían castigalos e incluso matalos. Levaban a cabo os peores traballos, o seu número foi aumentando debido á expansión de Roma .

Polo que se refire á indumentaria, diversos historiadores opinaron que Grecia foi para Roma o que Francia para Europa nos séculos XVIII e XIX: o centro da arte e do estilo. Aínda que salvando as distancias e sen poder comparalas, a indumentaria da Antiga Grecia era bastante sinxela, a maior parte das pezas facíanse a partir dun rectángulo de tea onde o cosido era mínimo, xa que as pezas adoitaban levar envoltas ou drapeadas. A indumentaria permitía diferenciar ao romano do estranxeiro, pero, tamén permitía diferenciar ao romano do romano, porque era deseñada como símbolo de estatus e poderío social e persoal. A pesares de, como diciamos, ter unha forte influencia grega, tamén etrusca (toga), foron moldeando cada peza ao seu gusto estético ata convertelas nun emblema da sociedade e o gusto romano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTRODUCIÓN