S. XIX

A Revolución Francesa no ano 1789 marca o inicio da Idade Contemporánea. A partir deste momento asístese a unha aceleración histórica, tanto desde o punto de vista político, como social e tamén económico. Esta celeridade nos cambios que será máis acentuada a medida que avanza o século, será determinante na evolución da moda. O século XIX está determinado polas consecuencias do triunfo no século anterior da doble revolución: industrial e política. O triunfo do liberalismo provocou a fin dos estamentos e a imposición dunha nova sociedade de clases, que substituíu á vella sociedade estamental. A burguesía desprazou á nobreza como protagonista en tódolos ámbitos, incluíndo o da vestimenta. Polo que a ela se refire, os últimos anos do XVIII e principios do XIX, a influencia do Neoclasicismo faise notar nos vestidos femeninos. Estes pasaron a ser moi sinxelos, eran vestidos camisa, normalmente en muselina, gasa, percal, de cintura alta, imitando modelos grecolatinos. Era moi revelador das formas femininas, a idea era suxerir o corpo, non moldealo.

Desde o punto de vista social, dúas clases cobran protagonismo: a burguesía e o proletariado. O auxe desta burguesía e o seu enriquecemento convérteos na clase social dominante tras a imposición de sistemas liberais en toda Europa Occidental. En Gran Bretaña onde os cambios políticos foran anteriores ao resto de Europa, cunha sólida monarquía e unha burguesía enriquecida co comercio e as industrias será a que determine as correntes da moda masculina, que sofre poucas variacións ao longo do século. As prendas básicas serán o pantalón, o chaqué e o frac para diferentes actos sociais. Porén, o patronaxe, o corte e a confección dos traxes masculinos chegaría a ser unha verdadera arte.

Así, baixo o goberno da Raíña Vitoria, Gran Bretaña converteuse na principal potencia económica europea. A moda feminina farase restrictiva dos movemento unha moda feminina caracterizada polo uso do corsé, para marcar a cintura, mentres as cadeiras enfatízanse por medio da crinolina ou miriñaque, así como polo uso de capas de volantes.

A nova industria permitiu acelerar o sistema de produción e facer máis accesibles as prendas, excepto ás clases baixas. A partir de 1850 prodúcense de forma masiva máquinas de coser, e introdúcense os tintes sintéticos, como consecuencia a roupa será máis barata e a súa produción máis rápida. Nas clases baixas, os proletarios, o único obxectivo da vestimenta era que fora práctica e cómoda para traballar. O proletariado tomará conciencia de clase. Isto provoca o nacemento de novas correntes de pensamento, que defenderán os intereses dos traballadores das fábricas. O socialismo e o anarquismo son as máis relevantes, con Marx e Bakunin como máximos expoñentes.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTRODUCIÓN