Idade Media

A Idade Media é o período histórico comprendido entre o século V (caída do Imperio Romano de occidente) e o XV (descubrimento de América). 
O modelo político e socioeconómico é o feudal. 
Politicamente a Idade Media basease nas relacións de vasalaxe entre o soberano quen cedía un feudo a cambio da fidelidade e axuda (AUXILIUM E CONSILIUM) do señor feudal, no que recaían os poderes xurídico, económico e político. Porén, a partir do século XIV irá desenvolvéndose o camiño cara o triunfo das monarquías autoritarias. 

Dende o punto de vista económico, o período medieval está baseado na agricultura, e a riqueza esta marcada polo número de terras que se posuíran. Pero, a partir do XI comezan a renacer as cidades, que se irán adquirindo cada vez máis importancia como centros económicos e de consumo, polo que se refier a vestimenta, nela podíanse mercar as mellores telas, e artesáns especializados confeccionaban, vestidos e xoias. 

Socialmente, a Idade Media caracterízase pola existencia dun modelo estamental, é dicir, as persoas nacían nun grupo social do cal non podían nin ascender nin descender. Podemos diferenciar tres estamentos, dous privilexiados, clero (oratores) e nobreza (bellatores), e un non privilexiado, laboratores, formado basicamente polos campesiños, e a partir do século XI tamén pola burguesía, cuxo número foise incrementado durante o período medieval. Moitos burgueses enriquecidos tentaban mellorar o seu estatus social mediante o uso de roupas caras, elegantes e á última moda. 

Así pois, para a maioría dos historiadores, entre os séculos XIII e XIV pódese dicir que xurdiu a moda, a medida que crecían os burgos, e era evidente a diferencia social mesmo pola vestimenta, neste sentido terán unha gran importancia as Leis Suntuarias que regulamentaban o gasto en vestiario. Ademais, tamén neste período, comenzou a diferenciarse a indumentaria feminina da masculina, que serviu para reafirmar diferencias físicas e psicolóxicas, ademais de permitir unha diversificación no vestiario.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTRODUCIÓN